Friday 03 de May de 2024

O goberno local reúnese coa veciñanza de Carreira


O equipo de goberno local mantivo onte unha reunión coa veciñanza na Casa da Cultura de Carreira na que se abordaron distintos temas que afectan aos residentes da parroquia. Durante o encontro abordáronse cuestións relativas á infraestructura e servizos públicos e tamén asuntos sociais e culturais que impactan de xeito directo na calidade de vida dos residentes. A reunión foi asimesmo unha oportunidade para debatir coa veciñanza sobre proxectos como o centro de acollida proxectado para Carreira ou a curva da Muiñeira.

O goberno municipal está a realizar reunións coa veciñanza de distintos barrios e parroquias co propósito de mellorar a xestión local e incrementar participación cidadá. “Os encontros que estamos a realizar nas parroquias son fundamentais para promover a transparencia gobernamental e abordar de xeito efectivo as necesidades específicas de cada comunidade” explicou o alcalde Luís Pérez. Estes encontros representan unha plataforma para fomentar o diálogo aberto e construtivo entre o goberno local e os cidadáns, co propósito de “crear políticas máis inclusivas.”

A veciñanza de Carreira tivo a oportunidade de expresar as súas inquietudes, suxestións e propostas. Os representantes do goberno tomaron nota das inquietudes expostas e comprometéronse a traballar en conxunto coa comunidade para buscar solucións efectivas.